lunes, 4 de mayo de 2015

MADALENAS



INGREDIENTES



1 tarrina de Tulipán.
Coa mesma tarrina preparamos o resto das medidas:

1 tarrina de Maicena.
½ tarrina de fariña
1 tarrina de azucre
 6 ovos
1 sobre de fermento.


ELABORACIÓN



Remexemos  a fariña, o Tulipán, a Maizena, o fermento e o azucre.

Despois de bater ben botamos os ovos e seguimos remexendo.

Cando estea ben batido enchemos os moldes e  botámoslle azucre  por enriba.


Temos o forno xa quente a 180º e as madalenas estarán listas de 15 a 20 min.



GALLETAS DE COCO E NATA

INGREDIENTES

-250gr de fariña
-3 ovos
-150gr de azucre
-200gr de manteiga
-1 vaso de leite morno
-1/2 paquete de fermento
-1 bote de doce de leite
-tres culleradas de nata caseira
-coco (cantidade a elixir)



ELABORACIÓN

Bótanse  os ovos , a fariña e o  azucre nun bol. 
Reméxese e pouco a pouco  vaise botando o leite.Cando a masa estea espesa engádeselle a manteiga derretida, a nata e o fermento.
Reméxese e déixase repousar a masa unha media hora.
Esténdese a masa e cando estea moi fina, dámoslle forma cun molde.
Quentar o forno previamente a 180 graos e fornear as galletas durante cinco minutos.
Unha vez estean ben forneadas, cóllese o bote de doce de leite e  úntanse as galletas.
 Engádeselle o  coco enriba do doce de leite colocando outra galleta enriba.



TARTA DE LIMÓN


INGREDIENTES

Masa

* 200 gr. de galletas María ( ou calquera outro tipo)
*  100 gr. de manteiga
* 2 culleradas de azucre
* 1 cullerada de canela


Para a crema

* 1 bote pequeno de leite condensado.
* ¼ Kg. de nata montada
* 2 limóns


Merengue

* 2 claras de ovo
* 4 culleradas de azucre
* canela para espolvorear





                 



                        Masa: Aplastar as galletas e amasalas coa manteiga,  o azucre e a canela. Forrar un molde de fondo móbil engraxado, apretar ben os bordes e metelo na neveira. 















Crema: Verter nun bol o leite condensada e mesturala co zumo dos limóns e a reladura dun deles. Bater e incorporar con movemento envolvente a nata.











Merengue: Montar as claras co azucre e poñelo namanga  pasteleira cunha boquilla. Encher a tartaleta coa crema, e facer unha rexilla co merengue.Espolvorear a canela e gardar na neveira durante aproximadamente dúas horas.
Desmoldar e servir.

















E así sería o resultado final:




PAN GALEGO


INGREDIENTES:

* 750 g.de fariña de trigo
* 1 vaso de auga
* 40 g. de fermento
* 1 ovo
* sal
* aceite de oliva




ELABORACIÓN

Quentamos o forno. Desfacemos o fermento na auga morna, o ovo e o sal. Mesturamos e engadimos a fariña pouco a pouco. Amásase enerxicamente. Aceitámonos as mans, volvemos amasar e ímoslle dando forma deixando que se impregne ben o aceite, pois mellora moito o sabor do pan. Envolvémolo nun trapo e  deixámolo repousar uns ¾ de hora ata que a masa aumente de volume.
 Cun coitelo moi afiado dáselle uns cortes en forma de cruz e cócese no forno a 180 graos ata que estea cocido e ben dourado. E listo.

domingo, 26 de abril de 2015

POLBO Á FEIRA













INGREDIENTES


* 2 kg de polbo
* 100 g de pemento en po picante
* 100 g de sal semigordo
* Aceite

ELABORACIÓN

Lávase o polbo en auga fría e ponse ó lume nunha pota con auga; cando rompa a ferver, cóllese o polbo e métese e sácase da auga tres veces. Déixase cocer o polbo durante uns vinte minutos e, a continuación, retirámolo do lume e deixámolo repousar cinco minutos. De seguido, sácase da auga e córtase en anacos finos cunha tesoira. Ó servilo, ponse nuns pratos de madeira  condimentándoo por esta orde: sal, pemento en po e aceite.





FLAN DE TURRÓN



INGREDIENTES

1 Litro de leite.
1 sobre de flan Royal grande
Turrón brando
200 ml de nata


ELABORACIÓN

Metemos nun recipiente o leite, o flan , a nata e o turrón esmigallado.
Poñemos  a fogo lento e remexemos .
Untamos un molde con caramelo líquido e vertemos a mestura.
Cando arrefríe metemos na neveira ata o día seguinte .







 

ORELLAS







INGREDIENTES

* 80 gramos de manteiga
* 80 ml de auga
* 1 ovo
* 400 gr de fariña
* 1 culler pequena de sal
* Aceite para fritir
* Azucre  para envolver
* Un groliño de anís
* Raspadura de limón ao gusto.


ELABORACIÓN


Poñemos todos os ingredientes nun recipiente e amasámolos durante aproximadamente 20 minutos, ata que a masa se despegue das paredes do recipiente. Deixamos repousar uns 15 minutos, estiramos a masa e cun molde oval cortámola.
Picamos cun garfo as orellas para que non inche a masa ao fritilas e a continuación fritímolas en aceite moi quente volta e volta. Quitámolas, escorremos e envolvemos en azucre.
Listas para comer!