domingo, 26 de abril de 2015

LENTELLAS


                                                                                         INGREDIENTES

  • 3l. de auga
  • ½ kg de lentellas
  • 1 chourizo
  • 1 óso de vaca
  • 1 póliña de perexil
  • 1 folla de loureiro.
  • 200 gr.. de touciño con carne
  • 1 cebola pequena
  • 1 cenoria mediana
  • 1 porro
  • 300 gr.de patacas


ELABORACIÓN

1. As lentellas lávanse ben  e escórrense.
2. As patacas pícanse en anacos moi pequenos.
3. O touciño tamén se pica en anacos pequenos.
4. O chourizo córtase en rebandas.

Cociñar


1. Botamos todos ingredientes na tarteira con auga fría e as lentellas e prendemos o lume.
2. Deixamos que se coza todo
3. Cando están case cociñadas quitamos todas as verduras e pasámolas pola batedora.
4. Unha vez trituradas fritímolas un pouco na tixola e botámoslle un pouco de pemento doce.
5. A continuación vertémolo dentro das lentellas e removémolo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario