domingo, 26 de abril de 2015

EMPANADI LLAS DE BONITO E PEMENTOS


INGREDIENTES

8 obleas de empanadillas.
150 gr de bonito en aceite de oliva.
1 lata de pemento morrón.
150 gr de olivas recheas de anchoas.
2 ovos.
Salsa de tomate frito.
Aceite de oliva.
Sal.

ELABORACIÓN

1º  Poñer a cocer un dos ovos 10 minutos desde que a auga ferva.
2º  Escorrer ben o bonito en conserva e mesturalo coa salsa de tomate coa axuda dun garfo.
3º  Escorrer o pemento morrón e picalo, logo engádese a mestura do bonito. Picar as olivas e o ovo duro e engadilo tamén. Formar unha masa con máis ou menos picada segundo a textura desexada.
4º  Poñer no centro de cada oblea parte do recheo preparado. Pechalas sobre si mesmas presionando os bordes cun garfo para que queden seladas. Bater outro ovo e untar as obleas con el.
5º  Facer no forno a uns 200º ata que se doren durante uns 10 minutos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario