domingo, 26 de abril de 2015

EMPANADA DE MILLO CON BERBERECHOS









 


INGREDIENTES

 2 cebolas grandes
1 pemento pequeno
 Pemento moído                 
 Aceite de oliva
1 ½ kg de fariña de millo
½ kg de fariña de centeo
 Sal


ELABORACIÓN

En primeiro lugar, preparar a masa da empanada. Poñer a fariña de millo nun recipiente e engadirlle un litro de auga morna. Unir con tranquilidade e, cando estea ligada, incorporar a fariña de centeo e deixar repousar. Para facer a base do recheo, rústrense nunha tixola as cebolas cortadas en medias lúas, co pemento e o perexil. Cando a cebola súe, engadirlle un pouco de pemento moído. Abrir os berberechos cun golpe de vapor e comezar a montar a empanada, colocando unha base de masa en anacos pequenos estendidos e unidos coa axuda dun coitelo. Facer sobre este fondo outro de recheo e colocar enriba desta última capa os berberechos, previamente baleirados da cuncha. Volver colocar a masa estirada en pequenos parches por riba dos berberechos e meter ao forno xa quente a lume medio-alto durante unha hora. Deixar que amorne antes de empezar a comer. Esta empanada pódese facer con diferentes recheos, pero co que, se cadra, mellor se complementa é co recheo de bacallau con pasas. Para elaboralo, só hai que esmigallar o bacallau desalgado e engadirlle un rustrido de cebola cunha manchea de pasas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario