domingo, 26 de abril de 2015

CALDO GALEGO



INGREDIENTES

  • 1 feixe de grelos
  • 100 g de feixóns a remollo ou fabas brancas
  • 1 bo anaco de unto duns 40 gr
  • ½ kg de patacas
  • 1 óso de lacón
  • 1 óso de cana de tenreira

                                                                                    ELABORACIÓN

O verdadeiro caldo galego é un caldo enxebre, que só leva unha mestura de patacas, fabas, verduras e unto de porco.
Poñer ao lume un pote con auga, os feixóns ou fabas brancas e os ósos. Poñer os grelos lavados e partidos coas mans nun recipiente diferente con auga fervendo para quitarlles parte do amargor. Retíranse e resérvanse. Cando comece a ferver a auga coas fabas, engadirlle o unto. Ao pasar 45 minutos, incorporar as patacas cortadas en anacos non demasiado grandes e os grelos. Deixar todo ao lume ata que estea ben cocido e, para rematar, rectificar de sal. Cómpre lembrar que o caldo galego se pode elaborar tanto con grelos -coma nesta receita- coma con nabizas ou repolo, segundo a tempada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario