domingo, 26 de abril de 2015

CHOCO NA SÚA TINTA



INGREDIENTES


1 kg de chocos
 2 cebolas grandes
 Aceite de oliva
 Sal
 Pemento vermello.
 Tomate cherry



 

ELABORACIÓN

Primeiro cortamos a cebola en rebandas finas. Poñémolas de base nunha cazola cun pouco de aceite de oliva. Incorporámoslle sal e unhas tiras de pemento vermello. Deixamos rustrir uns minutos e engadímoslle o choco lavado coa cuncha cara a arriba. Debe colocarse ben, que quede como unha flor. Cando comeza a ferver, deixamos a cazola a lume lento.
O tempo de cocción depende do tamaño do choco, aproximadamente 30 minutos. Pódese acompañar con arroz en branco, patacas cocidas ou patacas fritas. Para decorar podemos engadir un tomate cherry confeitado e unha folla de leituga.



No hay comentarios:

Publicar un comentario