domingo, 26 de abril de 2015

ROSQUILLAS DE ANÍS









Esta é a receita da sobremesa que miña bisavoa materna facía sempre en ocasións especiais e que agora segue facendo miña avoa Fina. É unha receita  que nunca falta na nosa mesa nas celabracións do  Nadal.    

INGREDIENTES

    6 ovos
    250 gr de azucre
    1 copiña de anís
    fariña
    Aceite para fritir
   

    ELABORACIÓN

 
Mestúranse os ovos, o azucre, o anís e un chisco de sal. Váiselle incorporando a fariña ata formar unha masa.
Fórmanse as rosquillas e  frítense en abundante aceite,  escórrense e  déixanse arrefriar.
Por último  espolvoréanse con azucre.

No hay comentarios:

Publicar un comentario